“Afirma Pereira”
Escritor: Antonio Tabucchi.
Obra: “Afirma Pereira”
O autor e a súa obra
Antonio Tabucchi, imaxe recollida de www.lavanguardia.com |
Antonio Tabucchi é ante todo un poeta. Naceu en
Pisa o 24 de setembro de 1943, pero creceu en casa dos avós maternos en Vecchiano, lugar
próximo a Pisa. Durante os anos de estudos universitarios na Universidade de Pisa, Tabucchi realizou numerosas viaxes por
Europa, seguindo as pegadas dos autores que atopara na rica biblioteca do seu
tío materno. Durante unha destas viaxes, en París, nun banco da estación de Lyon atopou o poema Tabacaria asinado
por Álvaro de Campos, un dos heterónimos de Fernando Pessoa, na tradución francesa de Pierre
Hourcade. De aquí sae a intuición de que atopara o tema para os próximos vinte
anos da súa vida. Vaise a Lisboa e desenvolverá unha verdadeira paixón por esta
cidade. Realiza unha tese doutoral sobre o surrealismo en Portugal. Realiza estudos de perfeccionamento na Escola Normal Superior
de Pisa e en 1973 recibe o encargo de ensinar Lingua e Literatura portuguesa en
Bolonia.
En 1978, trasládase á Universidade de Génova. Do 1985 ao 1987 é director do Instituto Italiano de Cultura de Lisboa.Despois, durante moitos anos, pasa seis meses en Lisboa, coa súa muller, nacida alí, e os seus dous fillos.E ali escribe.
En 1978, trasládase á Universidade de Génova. Do 1985 ao 1987 é director do Instituto Italiano de Cultura de Lisboa.Despois, durante moitos anos, pasa seis meses en Lisboa, coa súa muller, nacida alí, e os seus dous fillos.E ali escribe.
A
outra parte do ano transcorre na Toscana, dando clases na Universidade de
Siena. Visceralmente namorado de Portugal, foi o
mellor coñecedor, crítico e tradutor italiano do escritor portugués Fernando Pessoa. Tabucchi coñeceu a obra de Pessoa nos anos sesenta, na Sorbona, fascináballe de tal forma que ao seu regreso a
Italia acudiu a clases de portugués para comprender mellor ao poeta. Morre no
2012.
Os Seus libros foron traducidos en dezaoito países. Xunto a
María José de Lancastre, a súa esposa, traduciu ao italiano moitas das obras de
Pessoa. Escribiu, ademais, un libro de ensaios e unha comedia teatral sobre el.
Obtivo o premio francés "Médicis étranger" pola súa novela Notturno
Indiano, e o premio Campiello por Afirma Pereira. Algúns dos seus libros máis
coñecidos son Notturno Indiano, Piccoli equivoci senza importanza,
Un baule pieno di gente, Gli ultimi tre giorni di Fernando Pessoa,
AfirmaPereira, La testa perduta di Damasceno Monteiro e Si sta
facendo sempre più tardi. Varios dos seus libros foron levados ao cine,
entre os que destaca Afirma Pereira,
onde Marcello Mastroianni destaca nunha das súas últimas interpretacións, en 1995, só
un ano antes do seu falecemento. En 2004 recibiu en España o Premio Francisco Cerecedo de xornalismo.
Tabucci é poeta principalmente e isto nótase porque todas as
palabras son precisas e a estrutura é economicista, é dicir, que con dúas
palabras xa di moito en canto a contido.
O libro
O libro é un estudo psicolóxico do personaxe que vai
paseniñamente evolucionando. Ademais do personaxe principal, podemos observar
outros importantes na obra e na evolución psicolóxica de Pereira coma Monteiro
Rossi, que é un carota, observamos como vai vestido, vai facer as necrolóxicas
pero pide os cartos por adiantado e aparece e desaparece sen máis. Marta, a
compañeira, é realmente a persoa de máis peso. Está na sombra porque parece que
a cara visible sempre é Monteiro pero ela é o verdadeiro peso ideolóxico e a
que ten a moral contraria ao réxime e á moral do momento. É rebelde sen facerse
destacar, pero acude a un café ela soa, viste diferente, etc. É muller
rompedora con carisma. É o único personaxe que o describe como é, como se
sente, como viste, etc, porque a Pereira lle gusta. Do resto non sabemos tanto.
Outros personaxes importantes son o médico do talaso, Cardoso, que logo marcha
a París; o camareiro do café que frecuenta, o outro amigo del que vai visitar e
a quen decide abandonar porque xa non ten nada en común con el, o seu xefe do
xornal…
Imaxe recollida de librosdecabecerafelix.blogspot.com |
Na obra hai tres capas ideolóxicas:
- De acordo co réxime: o director do xornal, que é un hipócrita pois é director dun xornal católico e está cunha amante no balneario.
- Pereira, que representa aos que nin lles vai nin lles vén a política e o réxime.
- Monteiro Rosssi e os amigos, que son os concienciados contra o réxime salazarista.
O réxime de Salazar foi moi duro: as paredes oen, os teléfonos
están intervidos, as porteiras son sociais, o amigo que vai visitar pactou co
réxime… Pero tamén hai moitos artistas que tiveron que saír do país (capítulo
14).
Hai outros personaxes secundarios como a muller de Pereira
que está presente na foto coa que fala O
pai Antonio que ven sendo a conciencia moral de Pereira así como o doutor
Cardoso que é o detonante do cambio en Pereira.
O libro presenta tres diferentes técnicas de control:
1ª parte:
hai represión intelectual que se por el mesmo (ninguén lle di o que ten que
publicar e só publica o que sabe que é publicable e as necrolóxicas de Monteiro
gárdaas. Cóntalle á foto o que fai e o que vai facer.
2ª parte:
empeza a ter experiencia coa censura e xa tivo conversas con Cardoso e Marta e
escribe a novela francesa que remata “viva Francia”, e o director chámalle a
atención e dille que escriba sobre Camoens. Aquí a actitude é menos pasiva que
na anterior pois el entérase das noticias polo camareiro que ten un amigo que
escoita a radio Londres. Agora no café Orquídea ve que morrera un meloneiro e o
seu xornal publica unha nova diferente dun hotel de EEUU… Aí xa empeza a
dubidar. Queda claro que aínda que os xornais non informan pola censura, o que
vale é o boca a boca, é a memoria histórica que se transmite duns a outros.
3ª parte: é
o control do discurso: Pereira dubida se apearse da súa ideoloxía xa que non
fala coa muller e empeza a desprenderse das ideas. Ten remorsos pola pasividade
que se rompe cando matan a Monteiro Rossi na súa casa por non falar. Decátase
de que vivir ancorado no pasado sen preocuparse polo futuro inutilízao. En
poucas horas escribe unha necrolóxica de Monteiro e é capaz de superar todas as
censuras e vaise camiño a Francia. A declaración pode ser que o colleu ao final
ou a entrada en Francia. En calquera idade se pode cambiar, e a idade non é
desculpa.
A obra remata cun epílogo cuxo
narrador é Tabucci, mentres que no resto da obra el narra
coma testemuña. Pereira vive de costas á realidade, non quere ver o presente e o camareiro,
que ven sendo a voz do pobo, e o cura e o doutor Cardoso xunto con Monteiro e Marta
axudan a espertar dese sono no que malvive e chegamos a ver unha persoa verdadeiramente
lúcida.
coma testemuña. Pereira vive de costas á realidade, non quere ver o presente e o camareiro,
que ven sendo a voz do pobo, e o cura e o doutor Cardoso xunto con Monteiro e Marta
axudan a espertar dese sono no que malvive e chegamos a ver unha persoa verdadeiramente
lúcida.
É unha obra de actualidade pois hai
moitos Pereiras agora neste momento en que vivimos
aquí en España, incluso é unha obra que pode servir de reflexión persoal xa que moitos de
nós podemos ser Pereira, nesa época que nos tocou vivir, pois non sempre queremos tomar
partido dos acontecementos e implicarnos na realidade política do noso país.
aquí en España, incluso é unha obra que pode servir de reflexión persoal xa que moitos de
nós podemos ser Pereira, nesa época que nos tocou vivir, pois non sempre queremos tomar
partido dos acontecementos e implicarnos na realidade política do noso país.
E forma de escribir desde unha
testemuña é semellante á novela de Blanco Amor, A
Esmorga. Esta foi escrita en 1995 e a Esmorga en 1959.
Esmorga. Esta foi escrita en 1995 e a Esmorga en 1959.
Afirma Pereira
Escribe esta obra para darlle a
coñecer aos mozos portugueses a súa propia historia da que son descoñecedores e
tamén, quere facer unha homenaxe ao pobo xudeu, tal e como afirma o autor na
nota da fin do libro, onde tamén aclara o porqué do nome de Pereira e o motivo
de escribir esta novela.
- Unha nova nun xornal na que se fala dun xornalista morto en Lisboa, que tivera que marcharse a Paris, como exiliado na época de Salazar, logo de escribir un feroz artigo contra o réxime. Pasados os anos, volve a Lisboa e morre esquecido por todos
- O nome de Pereira é para render unha homenaxe ao pobo xudeu que deixou unha profunda pegada na civilización portuguesa (no libro hai alusións a este pobo como o da carnicería e a señora do tren que andaba coxa, que lle pide que faga algo).
- Orixe literaria, por unha obra teatral de Eliot na que
se fala dun misterioso portugués portugués chamado Pereira do que non se sabe
nada.
Antonio Tabucchi, imaxe extraida de adolfotorrecilla.blogspot.com
A novela comeza con: Afirma Pereira, que é un narrador
testemuña e á vez narrador omnisciente.
O ritmo é lento feito con introspección centrado primeiro na
calor que fai, o ventilador, etc.; centrado en si mesmo. Logo o ritmo vai
aumentando pero é unha novela de conxecturas porque as cousas as sabemos por
indicios (conxecturas). Intuímos a situación na que se vive por determinadas
conxecturas como cando vai de casa ao traballo que hai policía, a porteira,
etc. O libro é introspectivo e por iso podemos dicir que tamén é histórico xa
que está perfectamente enmarcado nun período concreto da historia de Portugal:
agosto de 1938 na ditadura de Salazar.
Pereira é o encargado da sección cultural dun xornal
coñecido en Lisboa, pero o seu despacho está apartado do local do xornal e está
el só.. Pereira ten cambios de carácter: tenso, tranquilo, relaxado, acalorado…
No hay comentarios:
Publicar un comentario